PSA Vigo plantexa tres Expedientes de Regulación de Emprego (ERE)

O ERE extintivo está dirixido ao persoal de máis de 58 anos e outros colectivos, a planta propón tamén un expediente de suspensión de 20 días para 510 empregados e outro rotativo de 158 traballadores, para o persoal mensual. Esta mañá constituíuse a mesa negociadora entre empresa e sindicatos

PSA Vigo
O centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën avanzou esta mañá algunhas das medidas de flexibilidade que considera necesarias para adecuarse aos vaivéns de produción dos próximos anos e achandar o camiño para a adxudicación dun novo lanzamento que axude a consolidar as dúas liñas de produción. A primeira, segundo fontes sindicais, sería articular un expediente de regulación de emprego (ERE) de extinción voluntario para 400 traballadores, dirixido tanto para o persoal de máis de 58 anos (preto de 180 persoas) como para aqueles empregados que desexen saír da empresa.

A segunda sería a aprobación dun ERE de suspensión de 20 días e de carácter preventivo para os 510 traballadores que teñen na bolsa de horas -o principal mecanismo de flexibilidade do centro- menos de dez días en negativo. A maiores, a empresa baralla un terceiro ERE suspensivo rotativo para 158 traballadores de estrutura (persoal mensual), aínda que non cuantificou por agora o número de días de axuste.

Hoxe constituíuse a mesa negociadora entre empresa e sindicatos. Os responsables de recursos humanos explicaron que as medidas que se van a negociar permitirán á planta aguantar ata a chegada do proxecto K9 (a próxima xeración de furgonetas) e á vez asumir volumes de produción nunca vistos ata agora na historia de Balaídos (a marca das instalacións rexistrouse en 2007, con 547.000 coches) se se materializa a adxudicación dun segundo lanzamento. A mesa volverá reunirse os días 2, 4, 7 e 9 de marzo co obxectivo de alcanzar un acordo. Por agora non se concretaron as indemnizacións que PSA-Vigo pensou para cada un dos expedientes.

Fonte: http://www.farodevigo.es
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario