1ª REUNION >> ERE - PLAN DE BAIXAS - FLEXIBILIDADE

Nesta Reunión tratáronse os seguintes puntos:

Composición da Mesa: Tendo en conta o resultado acadado de cada Sec. Sindical nas Eleccións Sindicais a Representación dos traballadores/as nesta Negociación é a seguinte: 7 polo FSI ; 2 pola UGT ;1 por CC.OO. ; 1 pola C.I.G. e  1 pola CUT.

Calendario de Reunións: A seguintes serían o vindeiro Mércores 02 as 09:00 Hrs e Venres 04 Marzo. Na semana a seguir serían os días Luns 07 e Mércores 09. Quedando abertas posibles datas para a seguinte semana así como xornadas continuas de facerse preciso.

Dende a C.I.G. incidimos que tanto as datas como as horas das Reunións sexan a primeira hora da maña ou da tarde. Todo elo co fin de poder emitir, cando menos, unha sínteses da mesma aos traballadores/as.

Documentación: Neste apartado a Dirección restrinxe a información soamente ao ERE:

.- Un ERE Suspensivo de Emprego e Soldo para toda a plantilla das Liñas de Produción que, a título individual, teña un saldo de Bolsa de Horas igual ou superior a -10 días. Dito ERE sería dun máximo de  20 días a aplicar a un volume total de 510 traballadores/as entre Abril 2016 - Fin Marzo 2018.

.- Un ERE Suspensivo de Emprego e Soldo Rotativo para 158 persoas de Estrutura

.- Un ERE Extintivo para 400 traballadores/as:
.- Vetaranos integrados nos Acordos da Xubilación Parcial e Anticipada.
.- Excedente de Persoal de Estrutura.
.- Traballadores/as de 59 anos en adiante que queiran acollerse  

No que atinxe ás Medidas de Flexibilidade a Dirección prefire esperar á vindeira reunión para avanzar as súas propostas.

Na C.I.G., a expensas de coñecer o alcance de todas e cada unha das medidas que a Dirección pretende poñer na Mesa, fixemos a seguinte reflexión:

.- Con respecto ao ERE, Especial atención ao colectivo de traballadores/as con idades superiores aos 61 anos tendo en conta que estamos a falar dun colectivo que a día de hoxe xa estaría ás portas dunha Xubilación ao 100%; Que vai pasar co ERE aberto ata Marzo o que a día de hoxe, inda podería acollerse persoal das Liñas de Produción; Pretensións da Dirección tendo en conta a solicitude de 400 posibles ERE Extintivos.

.- No que atinxe as Medidas de Flexibilidade para afrontar os anos 2016-2018, a estas alturas aos/as traballadores/as das Liñas Produtivas xa nos levan estirado demasiado.  En todo caso, para a C.I.G., estas materias deberon ser expostas na pasada Negociación do Convenio Colectivo, máximo cando a súa vixencia comprende dende o 2016 ata o 2019.

Esperemos que, desta  vez, esteamos ante unha negociación e non unha imposición.

Preme na imaxe para ampliar ou dscargar a nota:






Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario