O Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën comunicou que pechará 2015 coa produción de 407.000 vehículos e 19.300 coleccións CKD (vehículos despiezados), un 7% e un 3,5% máis, respectivamente, que en 2014.
Segundo comunicaron fontes da planta, o 91% dos vehículos producidos no Centro de Vigo en 2015 exportáronse a 80 países de todo o mundo e o 9% restante foi destinado ao mercado español. En canto aos principais países europeos aos que se exportaron os modelos fabricados en Vigo destacaron Francia, Gran Bretaña, Irlanda, Alemaña, Bélxica, Holanda e Luxemburgo. Desde a planta tamén aseguran que outros destinos como Turquía e Alxeria continúan tomando forza.
0 comentarios:
Publicar un comentario