Traballadores/as do SPDCIF mobilízanse contra a precariedade laboral e en demanda de diálogo

Uns 800 efectivos, máis do 50% do total do persoal, son temporais, e cesarán ao longo do mes de setembro

Uns 800 efectivos, máis do 50% do total do persoal, son temporais, e cesarán ao longo do mes de setembro
Traballadores/as do SPDCIF concentráronse este xoves diante do edificio
administrativo da Xunta de Galiza convocados pola CIG, CCOO, UGT e CSI-F para exixir á consellaría de Medio Rural e do Mar a apertura dunha mesa de negociación, denunciar o desmantalemanto e progresiva privatización do servicio de extinción de incendios forestais e a elevadísima temporalidade das contratacións. A mobilización coincidía co remate da campaña de alto risco e, xa que logo, co despedimento dun 23% do persoal interino.
Cargados con batelumes e vestidos cos EPIs, Equipos de Protección Individual, centos de traballadadores e traballadoras do Servizo Público de Defensa contra Incendios Forestais rodearon as dependencias da Xunta en San Caetano para denunciar a problemátca laboral que padecen.

Segundo lembraron, as organizacións sindicais solicitaron da consellaría do Medio Rural e do Mar a apertura dunha mesa de negociación o pasado 10 de xullo de 2015 para abordar os principais problemas: cobertura de vacantes; convocatoria da Oferta Pública de Emprego no SPDCIF; estabilidade Laboral e profesional. Modificación do Decreto de listas e recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal.

Porén, transcorridos máis de dous meses sen recibir resposta e con miles de hectáreas arrasadas polos lumes, consideraron necesario esixirlle este mes de setembro, á responsable da consellería, “diálogo e negociación” a través dunha nova solicitude, á que non obtiveron ningunha resposta.

Aseguran que a precarización nas condicións de traballo dos profesionais do SPDCIF, as inaceptables taxas de temporalidade, o elevado número de prazas vacantes sen cubrir e a negativa a recoñecer a categoría de Bombeiro Forestal, poñen en grave risco a eficacia e eficiencia dun Servizo esencial para os intereses de Galicia.

Como exemplo desta mala xestión, lembraron que onte mesmo, día 30 de setembro, foron cesados os traballadores de 3 meses –que supoñen o 23% do SPCIF- e, poucas semanas despois, o serán os traballadores de 9 meses –que supoñen o 33% do SPDCIF- co cal, o 56% dos profesionais “non estarán dispoñibles para realizar as necesarias tarefas de prevención, de vixilancia, de extinción (se é necesario) e de divulgación, durante o período invernal”.

Lembraron tamén que levan anos advertindo de que, ás políticas de disgregación progresiva dunha parte do dispositivo e a privatización doutra,
están a comprometer o traballo dos profesionais na defensa do medio natural de Galicia. “Lamentablemente o tempo deunos a razón e, só dous meses despois das nosas advertencias, temos como resultado que se multiplicaron por catro as hectáreas arrasadas polo lume respecto o ano 2014 (mais de 10.000 campos de fútbol), e aínda falta o pico do mes de novembro”. A conclusión, polo tanto, é para eles clara, “un mal modelo de prevención e extinción, tivo como consecuencia unha mala campaña”.

Agardan, tras da protesta de hoxe, que a consellaría se aveña a dialogar. Do contrario, advirten, haberá máis mobilizacións.
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook