Xoves 10/D: Tractorada en Lugo e bloqueos de centros de distribución

A partires desta quinta intensificarán as mobilizacións. “O acordo non se está a cumprir”, denuncian.

Bloqueo da planta de Leite Río no Ceao (Lugo). [Foto: O. Rodil]
A Plataforma en defensa do sector lácteo galego intensifica as mobilizacións na defensa dun prezo xusto para o leite. A partires destas quinta feira (10 de decembro), realizará mobilizacións perante os centros de distribución nas provincias de Lugo e A Coruña, para alén dunha tractorada na cidade lucense en torno á muralla.

A distribución é o elo da cadea que menos está a cumprir o acordo do leite, sinalan os sindicatos, que denuncian que aumentan a súa franxa de beneficios mentres que os gandeiros seguen a cobrar por baixo dos 28 céntimos o litro. Voceiros da Plataforma, como Anxo Escariz, denuncian a “desidida da administración” para facer cumprir os acordos. 


Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/politica/10d-tractorada-lugo-bloqueos-centros-distribucion/20151207181854043063.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook