A CIG-Industria reforza a primeira posición no sector da automoción coa entrada no comité de Plastic Omnium de Gondomar

A central logrou representación por primeira vez ao sumar dous delegados/as


A federación de Industria da CIG vén de reforzar a súa primeira posición no sector da automoción galega coa entrada no comité de Plastic Omnium, empresa de arredor de 200 traballadores/as dedicada á fabricación de depósitos de gasolina e con sede no polígono da Pasaxe, en Vincios, Gondomar, na que logrou representación por primeira vez ao sumar dous delegados/as.
Dende a CIG-Industria de Vigo salientan o feito de que a central lograse representación no comité por primeira vez, ao sumar 2 delegados/as, ambos no colexio de especialistas e non cualificados/as.

Pola súa banda, CCOO obtivo 4 (1 en técnicos/as e adimistrativos/as e 3 en especialistas e non cualificados/as), USO 2 (ambos en técnicos/as e adimistrativos/as) e UGT 1 (en especialistas e non cualificados/as).

Deste xeito, a configuración do novo comité de empresa cambia substancialmente dende o anterior proceso electoral, no que CCOO conseguira 8 representantes 
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook