A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo lamenta ter conseguido só promesas na xuntanza coa conselleira de Medio Rural

Vén de pór en marcha unas “xornadas didácticas” para dar a coñecer a consumidoras/es que a suba do prezo do leite non se trasladou ás gandeiras/os


A Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego, da que fai parte a CIG, considera que o único que se conseguiu na xuntanza coa conselleira de Medio Rural foron promesas. Lembra que a situación dos gandeiros segue a ser desesperada e vén de retomar as mobilizacións coa convocatoria dunhas “xornadas pedagóxicas” nas grandes ciudades galegas, que consistirán no reparto de información en centros comerciais, supermercados e polígonos.

A Plataforma explica que “Ánxeles Vázquez comprometeuse a mirar pola axilización do acordo de Madrid, logo de transmitirlle a nosa preocupación por non ter obtido aínda ningún resultado práctico do citado documento. Tamén falou de facer unha comisión de seguimento do acordo, tal e como lle pedimos, que serviría como base para elaborar un plan estratéxico do sector lácteo. Pero de momento son só iso: promesas”.

Denuncia a desesperada situación dos gandeiros e gandeiras, “xa que seguimos percibindo o mesmo prezo polo leite que recibíamos en xuño, cando comezamos as mobilizacións, un prezo que non cubre custes de produción. Polo tanto, non nos queda máis remedio que emprender novas accións e medidas de presión”.

Por iso, ao longo desta semana desenvolverán unas xornadas pedagóxicas nas grandes cidades galegas, para explicar ás comsumidoras e consumidores a delicada situación que atravesa o sector e a presión que se debe exercer sobre a distribución, “que si subiu o prezo final do cartón de leite, pero non lle trasladou esa suba nos lineais ao gandeiro”.

Deste xeito, as diversas organizacións integradas na Plataforma repartirán folletos informativos diante das grandes áreas comerciais de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo e Lugo; e farán declaracións públicas xunto cos alcaldes dalgunhas destas localidades.

 Agardan ademais noticias de Madrid e anuncian que segundo a resposta das administracións, da industria e da distribución darán unha resposta acaída. De feito xa teñen previstas concentracións indefinidas de tractores diante da Xunta de Galicia e da delegación do Goberno do Estado na Coruña e noemadamente contra “os máis incumpridores do acordó”, entre os que sinalan a Lactalis e primeiros compradores.

Xornadas pedagóxicas previstas para os vindeiro días

Tras dunha rolda de prensa celebrada este luns no concello de Santiago e un reparto informativo no Centro Comercial As Cancelas, na mañá deste martes fixeron un reparto diante do Gadis de Catro Camiños, na Coruña. Nos vindeiros días:

 Mércores 2 de decembro, Lugo

12:00h Reparto de información no Centro Comercial As Termas.

 Xoves 3 de decembro, Pontevedra

12:00h Rolda de prensa na Casa do Concello, xunto co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores

12:45h Reparto de información diante do supermercado Día (Santa Clara).

Venres 4 de decembro, Ferrol

12:00h Reparto de información no Polígono das Gándaras.

 Sábado 5 de decembro, Vigo

12:00h Reparto de información no Centro Comercial Gran Vía.


Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook