“Non sei para que nos chamaron da Secretaría xeral de Pesca”, afirma Andrés Blanco, voceiro de Acerga, “porque non nos propuxeron nada”. Levántanse os peches en concellos mais mantense o campamento.
Campamento dos cerqueiros galegos en San Caetano |
A xuntanza en Madrid convocada pola Secretaría xeral de Pesca do Ministerio para analizar a problemática do cerco finalizou sen acordo. “Non houbo nada”, manifestou Andrés García, voceiro de Acerga, en declaracións á cadea Ser. García dixo que fora unha xuntanza “totalmente improdutiva” no que os representantes do Ministerio “non propuxeron nada”. Sobre a mesa ficou a proposta da Consellería de Mar (un tope mínimo de quilos por barco para ilo aumentando segundo GTs das embarcacións) para que as outras autonomías a estuden.
Desde a CIG, que formou parte da delegación galega, afirman que na xuntanza o secretario xeral de Pesca “falou claro e dixo que non vai haber modificacións do sistema de reparto das cotas”. Para o sindicato nacionalista, “o goberno de Feijóo é o que ten que mover ficha para abrir portas de futuro para o sector. O problema é que o goberno da Xunta non exerce nin defende a xente do mar”.
Esta quinta feira remataron os fechamentos en concellos galegos en apoio e demanda dun reparto xusto. Mais mantense o campamento cerqueiro perante San Caetano, que vai camiño dos 100 días. Esta xeta feira realizarase unha asemblea na que se exporá o sucedido na xuntanza e debastiranse diversas cuestións, como a volta ao mar das embarcacións do cerco.
35 alcaldes solicitan a Feijóo que se reúna co cerco
Un total de 35 alcaldes de todos os partidos asinan un escrito no que reclaman ao presidente da Xunta,Núñez Feijóo, unha "solución" para o cerco, com obxectivo de acadar "un acordo que beneficie á maioría da frota galega". Entre os asinantes hai tamén rexedores do PP.
fonte: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/economia/cerco-volve-madrid-coas-mans-baleiras/20160114193631044057.html
0 comentarios:
Publicar un comentario