Con sol ou con choiva, coa CIG na rua a Loita continúa

Centos de persoas percorren durante máis de tres horas a distancia entre Redondela e Vigo, na defensa do emprego e contra as políticas do PP que destrozan os sectores productivos do pais.


A ‪‎marcha polo emprego‬ convocada pola CIG rematou diante do edificio da Xunta en Vigo coa lectura dun manifesto por parte do secretario comarcal, Alberte Gonçalves, que cargou contra as políticas de precarización e miseria do capitalismo, así como contra o sindicalismo de concertación, reivindicando o modelo combativo e de clase da central nacionalista. 




Salvada a distancia entre Redondela e Vigo nunha marcha a pé baixo unha choiva intermitente, o acto finalizou coa entrega no rexistro da institución autonómica dunha carta con oito puntos reivindicativos.




 
O percorrido a pé arrincou da Alameda e Redondela arredor das 10.00 horas e os participantes completaron os 14 quilómetros até Vigo en pouco máis de tres horas. Durante o traxecto, que incluíu unha breve parada no barrio de Teis para repoñer forzas, berráronse consignas como “Traballo digno na nosa terra”, “A loita é o único camiño” ou “Queremos traballar e non emigrar”.




Pouco antes das 13.30 horas a comitiva chegou ás inmediacións do edificio da Xunta na cidade, onde rematou a mobilización tras a lectura dun comunicado por parte do secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, que tamén fixo entrega dun escrito dirixido ao delegado autonómico no que se alerta sobre a situación laboral da bisbarra e se debullan as principais alternativas que propón a central para reactivar a creación de emprego e rematar coa precariedade.



O representante sindical explicou que o obxectiv da marcha é facer visíbel a "durísima realidade" que están a vivir milleiros de persoas por mor do brutal desemprego que azouta o noso país e singularmente a nosa comarca.


"Milleiros de familias que hoxe xa non teñen unha fonte de ingresos regular e que nalgúns casos xa están en risco real de exclusión social, de máxima pobreza", lembrou.




Así, denunciou que "continuamos a sufrir un elevadísimo nivel de desemprego, que na realidade atinxiría a preto de 80.000 persoas, moi por enriba das estatísticas oficiais, que falan de 60.000”. Ademais, advertiu que prosegue o esmorecemento das principais actividades produtivas (naval, automoción, construción, etc.), “que lonxe de se recuperaren avanzan cara a desertización industrial”.




En canto ás alternativas que propón a CIG, apostan pola creación dun plan de desenvolvemento industrial para a comarca; a aplicación da Lei do Sector Naval e a dotación dun plan galego para a industria da automoción; a recuperación integral da Ría de Vigo para potenciar a pesca e o marisqueo e o fin da exclusión da flota galega nos acordos da UE; a derrogación das reformas laborais, de negociación colectiva e das pensións.




Tamén propoñen a redución da xornada laboral cara as 35 horas semanais e limitación das horas extras; eliminación das ETT e da contratación temporal e parcial; aumento do salario mínimo interprofesional e creación dun salario de inserción laboral e social; e reactivación da negociación colectiva e avanzar cara a un Marco Galego de Relacións Laborais.
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook