PSA Madrid asina o convenio colectivo: máis flexibilidade

O Centro de Madrid de PSA asinou coa maioria dos sindicatos o 30º convenio colectivo para impulsar a flexibilidade salarial e laboral.

Linea de montaxe do C4 Cactus en villaverde
Co obxectivo de impulsar a flexibilidade salarial e laboral ademais de mellorar a conciliación no traballo, a planta madrileña de PSA Peugeot Citroen asinou con maioría de sindicatos un novo convenio.

Desde a dirección informouse que, tras varias semanas de negociacións, o 76 % do Comité de Empresa ratificou a proposta do grupo automobilístico galo para a fábrica de Madrid, na que se produce para todo o mundo o modelo Citröen C4 Cactus.


O convenio refírese ao plan de competitividade, a aspectos sociais e de conciliación da vida familiar e persoal coa laboral, e ao novo sistema de clasificación e evolución profesional Polo Ibérico.

Establécese que a revisión salarial queda ligada ao nivel de consecución de obxectivos do Centro de Madrid e foméntase a flexibilidade en materia de desprazamento de vacacións e diferentes medidas para a redución de custos e gastos xerais. Doutra banda, os traballadores poderán acollerse a flexibilidade horaria que responda as necesidades de conciliación laboral e familiar.



Fonte: EFE
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook