O importe distribúese entre 17 empresas xornalísticas que non utilizan a lingua propia do país ou o fan de xeito residual.
As campañas publicitarias institucionais da Xunta quedan ao marxe destas axudas, polo que os importes totais que reciben anualmente estes medios vese incrementado sen que exista aínda unha lei que regularice ese reparto de diñeiro público por criterios técnicos e concorrecian competitiva.
O Grupo La Voz recibe a maior parte do reparto co 42.53% (709.891€) sumando prensa escrita e radio. Seguido por Prensa Ibérica 19,55% (326. 295€) a repartir entre as súas cabeceiras Faro de Vigo, La Opinión de La Coruña con achegas en ambos os dous casos ás versións impresas e dixitais. (Ver gráfico da nota)
As cifras foron publicadas este luns pola Secretaría Xeral de Medios, e ascenden a case 1,7 millóns de euros . Nelas non se ten en conta outras achegas en convenios concretos ou publicidade que as distintas consellerías da Xunta de Galicia asinaron con algúns destes mesmos medios ao longo de todo o ano.
Segundo datos do Consello de Contas, estas axudas -as únicas en réxime de concorrencia- supoñen ao redor do 10% dos fondos que a Xunta achega anualmente aos medios.
Historia repetida
A Xunta destinou de igual xeito 1.675.000 euros en 2014 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, utilizando o mesmo réxime de concorrencia non competitiva. Nese mesmo ano repartiu tamén algo menos de 182.000 euros en apoio específico ao uso do galego "Unhas axudas da que tamén se beneficiaron os grandes grupos de comunicación con centos de miles de euros por utilizar, tan só, o 6% do galego en todo o medio", segundo denuncia da Asociación de Medios en Galego (AMEGA).
A transparencia que non chega
AMEGA reclamou unha xestión transparente das axudas e cotas de publicidade das administracións públicas nos medios de comunicación na última edición da Feira das Industrias Culturais, o Culturgal 2015. Nela reiterouse a esixencia do "respecto á lingua do país como vehículo informativo" e o cese inmediato da entrega de subvencións por "presunta promoción da lingua galega" ás empresas monolingües en castelán.
Lembrou que o Partido Popular leva sen cumprir a súa promesa electoral de instruír unha lei que regule a publicidade institucional. Feito agravado polo rexeitamento en febreiro deste ano dunha proposta de AMEGA a tal fin feita ao parlamento de Galicia, que o PP non quixo debater a pesar da posición favorable de toda a oposición.
Fonte: https://valminor.info/canais/cultura/7978-2015-12-29-01-15-26
0 comentarios:
Publicar un comentario