PSA Vigo prevé unha produción en 2016 de entre 385.000 e 420.000 automóbiles

A planta irase de vacacións o 21 de decembro e regresará o 7 de xaneiro

PSA Vigo
A dirección do centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën informou onte a unha representación do comité de empresa de que para 2016 prevé un volume anual de produción que oscilaría entre os 385.000 e os 420.000 vehículos, en función do comportamento dos mercados, segundo confirmaron fontes sindicais. Nesa reunión tamén se avanzou que o período vacacional para 2016 estará comprendido entre o 26 de xullo e o 15 de agosto e entre o 23 e o 31 de decembro, quedando un total de sete días de adecuación de xornada.

O próximo decembro, a factoría parará a súa actividade o 21 de decembro, excepto para o taller de CKD, que tamén traballará o día 22. Balaídos pechará as súas portas cunha produción de 407.000 vehículos aproximadamente, un 7% máis que en 2014. O retorno do persoal está previsto para a mañá do 7 de xaneiro, excepto para os empregados da quenda de noite, que renovarán o seu traballo a noite do 6. Os días 4 e 5 non serán laborables. A previsión produtiva de xaneiro inclúe catro sábados (9, 16, 23 e 30) e catro domingos (10, 17, 24 e 31). O programa adiantado para febreiro e marzo tamén tres sábados e cinco domingos no Sistema 1 e un sábado no Sistema 2.


Fonte: http://www.farodevigo.es/economia/2015/11/28/psa-vigo-preve-produccion-385000/1359078.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook