Terán lugar na cuarta feira (7 de outubro) nas sete cidades galegas.
Neste senso, foron convocadas senllas concentracións de repulsa nas sete cidades galegas a cuarta feira ás 20 horas.
A Coruña. Obelisco.
Compostela. Porta do Camiño.
Ourense. Estatua da Castañeira (Subdelegación do Goberno).
Vigo. Diante do Marco.
Pontevedra. Rúa Rosalía de Castro, perante a Audiencia Provincial.
Ferrol. Praza do Concello.
Lugo. Praza do Concello.
No que vai de ano foron asasinadas pola violencia machista catro mulleres na Galiza, de acordo coas cifras rexistradas oficialmente. Isabel Fuentes (Ourense), Beatriz Rodríguez (Arbo), Divina (Vigo) e esta última muller da que se descoñece até o de agora a súa identidade.
Fonte : http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/concentracions-repulsa-polo-asasinato-machista-vigo/20151006125147041350.html
Comenta google+
Comenta Facebook