Gandeiros levantan a Tractorada e afirman: "Imos establecer a forma de traballar no país"

Tras dúas semanas de protesta, a gran tractorada toca ao seu fin, aínda que centos  de gandeiros manteñesen a espera ante o descoñecemento dos acordos acadados e desconfian que sexa unha manobra para dividir e desmobilizar.

Despois de dúas semanas de mobilizacións, os gandeiros do sector lácteo decidiron pór fin á tractorada que chamou a atención sobre a crise do leite en Galicia. Os gandeiros acordaron a retirada progresiva dos bloqueos que seguían mantendo nas fábricas leiteiras, e tamén que finalizan a folga de entregas de leite ás industrias. Con todo, avisan de que seguirán atentos ás empresas de distribución, ao considerar que as súas protestas se plasmaron en melloras no prezo que recibirán da industria no preacordo asinado en Madrid, que non consideran suficiente. Membros da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo explicaron que os gandeiros volven a casa «con subida de prezos e cunha distribución e unha industria que saben que ou cumpren os acordos ou serán sancionados» e con melloras nun acordo que consideraban «coxo». Sinalaron que lograran que aceptasen a derrogación dos contratos; un novo modelo a partir do mes de outubro; que os contratos estean referenciados a un índice e a posta en marcha dun decreto con capacidade sancionador. 

A plataforma envioulle un aviso das industrias francesas e á distribución deste país que opera en España. «Nós -dixeron- imos establecer a forma de traballar no país».
Desde xa os tractores que estaban mobilizados en Monforte empezaron a replegarse e nos próximos minutos espérase que lles acompañen os compañeiros do resto de Galicia.


Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook