Privatizar o Público : O parking "para ricos" de Balaídos custaría 200 euros a empregados de PSA

Segundo a nota do Concello, o equilibrio lograríanse mediante o pago de 1,25 euros por cada hora, o que supoñería uns 600 euros ao mes aos veciños e 200 euros as traballadoras de PSA (oito horas), cifras que non parecen máis que aproximadas.

¿Que salarios pensan que cobramos en PSA Vigo, ou que ingresos creen que teñen as familias do Val do Fragoso, para poder usar o futuro aparcadoiro?.
Clara esta a pregunta que nos facemos todas : ¿canto cobran o mes na Zona Franca, para ver viable esta idea?



O Consorcio Zona Franca xa ten en mans da súa delegada, Teresa Pedrosa, a proposta municipal para a participación do organismo na ampliación de Baláidos. Un boceto asinado polo arquitecto  Pedro da Ponte Crespo e un pequeno informe, apenas un folio, sobre as posibilidades de rendibilizar o forte investimento que faría falta para construír a nova grada de Marcador.
O encontro entre Pedrosa e Abel Cabaleiro foi rápido, quince minutos, e cordial, e a delegada sinalou que agora remitirá a información aos técnicos e xurídicos e convocará un comité executivo de Zona Franca para tomar decisións.

A idea municipal pasa polo investimento de 12,8 millóns e construír 700 prazas de aparcamiento na grada e así financiar a obra de Marcador. Ou investir 15,3 millóns  e chegar a 900 prazas. Segundo a nota do Concello, o equilibrio lograríanse mediante o pago de 1,25 euros por cada hora, o que supoñería uns 600 euros ao mes aos veciños e 200 euros aos traballadores de PSA (oito horas), cifras que non parecen máis que aproximadas. Así o tomou polo menos Teresa Pedrosa. "Levarémolo ao comité executivo a e pediremos que si o estima oportuno propoña á súa vez ao Concello que remita un informe técnico completo, xa por agora só é un inicio", explicou a delegada.

 En todo caso, o concello tería que sacar a concurso público. "É un boceto que se estudará pero necesitamos máis documentación e máis datos de necesidades na zona para ver a viabilidad", dixo Pedrosa. En todo caso, coincidiu con Cabaleiro en que ZF participe sempre que sexa viable e o avalen os técnicos e xurídicos. 


Fonte : http://www.atlantico.net/articulo/vigo/parking-balaidos-costaria-200-euros-empleados-psa/20150916084638492327.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook