XORNADAS LABORAIS A TOQUE DE...

Vigo, 23 de Marzo de 2016

Dende a Sección Sindical da C.I.G., mediante o presente escrito, unha vez mais, queremos mostrar a nosa desconformidade co proceder, deste Departamento, tendo en conta os feitos acontecidos no día de onte cos Traballadores e Traballadoras da Quenda de Noite.

.- Segundo se nos fixo saber en torno as 17:30 horas da tarde, ante unha decisión da Dirección, este Departamento ía proceder a avisar ao colectivo de traballadores/as da Quenda de Noite do Taller de Montaxe para informalos que o seu horario de entrada, desta noite, era as 23:30 en lugar das 22:00..

.- Unha situación, a cal, viña derivado pola avaría que tivo lugar no Taller de Ferraxe na Quenda de Maña. Polo que, de novo, a Quenda de Noite ía padecer as consecuencias dunha problemática do Útil Industrial, pero, desta vez, vulnerando o Funcionamento da Quenda Especial de Noite, no que ser refire a súa distribución irregular da xornada.
.- Apesares de que esta Central Sindical lles fixo saber que, dita Quenda, soamente ten variabilidade no horario de remate da xornada laboral, decidiron aplicar unilateralmente dita variación que afectou a un mínimo de 380 traballadores/as. É dicir, case o 45% dos traballadores/as adscritos a esta Quenda de Noite.
.- Feito este que, para a C.I.G. o considera como un uso abusivo do principio de autoridade e falla de respecto ao colectivo que mais sacrificios se lle leva esixido nestes último tempos.

Señores da Dirección. Estamos a falar de traballadores/as adscritos a unha Quenda de Traballo non a un traballo a toque de teléfono.

Por elo, esta Sección Sindical, solicitamos unha Reunión da Dirección coa Representación dos Traballadores/as para que se dea a correspondente explicación a ditos feitos.


Atte.   Asdo. Manuel Domínguez Delgado
Secretario da Sec. Sindical da C.I.G.

Preme na imaxe para ampliar

Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario