O futuro das nosas condicións laborais

No ano 2013 a Dirección prantexou a Negociación de Medidas Organizativas e Económicas de Acompañamento Industrial na Fábrica. Hoxe, tres anos máis tarde, a Dirección volve poñer enriba da Mesa, baixo o mesmo pretexto, definir Plans de Acción para 2018 que permita afrontar previsións produtivas con volumes significativos e baixos. Claro está que, desta vez, o escenario é por moitos anos.

Tendo en conta todo o que levamos padecido os traballadores/as das Liñas de Produción,

.- Menos traballadores/as e máis coches a facer, con máis operacións e en menos tempo.

.- Dividirnos en base ao Taller, Sistema ou Quenda (contrato parcial, contrato tempo completo, contrato con cláusula, ...) namentres a Xerarquía mantén o seu “estatus”.

.- Implantación da Quenda Variable en convivencia con prolongacións de xornada ata 9 horas e con xornadas de sábados obrigatorios de ata 9 horas.

.- Creación de novas Categorías, conxelación salarial, perda de Dereitos, Antigüidade,...

.- Paralizar das Novacións, falla de Contratación Indefinida, paralización Xubilación Parcial e Contratos Relevos, escasa Contratación Eventual,...

Para a C.I.G., todo este retroceso ao que, a Dirección, nos abocou sen tremerlle o pulso, ai que poñelo na mesa e buscarlle solucións.

Por elo, o posicionamento da C.I.G., de cara a ese escenario Industrial ao alza, non varía nada do que xa vimos defendendo e argumentando moitas veces en solitario:

        En Materia de Produtividade, para a C.I.G. faise necesario un compromiso:

.- Na redución dos brutais ritmos e cargas de traballo actuais

.- En canto os problemas das malas composicións.

.- En estabilizar e equilibrar as xornadas laborais

.- Na implantación dunha Quenda de Fin de Semana para absorber as producións en lugar de obrigarnos a realizar sábados obrigatorios e xornadas de 7 noites sobre 7.

En Materia de Emprego, para a C.I.G. faise necesario un compromiso:

.- Na creación dunha bolsa de emprego para o conxunto dos traballadores/as Eventuais, Relevos, ...que formaron parte da Centro de Vigo. Non vaia ser que en tempos de escaseza sirvan para traballar e na abundancia sexan outros os que recollan o froito do seu esforzo.


.- Na eliminación da Cláusula de Variabilidade

.- En definir un tope de anos para os/as traballadores/as á hora de Novar o seu contrato.

.- Na apertura dunha contratación destinada a familias sen ningún tipo de ingresos

En Materia Económica, para a C.I.G. faise necesario un compromiso:

.- Na recuperación da perda económica que nos supuxo o K9.

Condicións laborais futuras que, para a C.I.G., deberan quedar recollidas neste Documento.


Vigo, 04 de Marzo de 2016

Preme para ampliar ou descargar

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario