Greve en PSA Mulhouse polo aumento de 8 euros no salario

Centos de traballadores/as da planta de PSA en mulhouse secundaron o paro onte 1 de Marzo, en protesta polo que consideran un aumento ridículo (8 euros) do seu salario, máis ainda cando o CEO do grupo o SR.Tavares dixo nun video, que tiña que celebrar os bos resultados do grupo o pasado ano.

PSA Mulhouse 1 de Marzo
Os traballadores/as de PSA mulhouse levaban co salario conxelado desde 2012 e agardaban un aumento máis significativo cando o grupo tivera bos resultados, como protesta  fixeron paros por horas nas tres quendas.

Greve no grupo PSA o 9 de Marzo (Francia) 

Contra o proxecto de lei "El Khomri" La CGT Francesa chama os traballadores de todo o grupo PSA no país Galo a unha greve o 9 de Marzo.
O Código do traballo válido para todos sería substituído por acordos de empresa que fornecían cada empregado á arbitrariedade e a chantaxe da patronal.
A publicación deste texto suscitou unha lexítima indignación en todo o país.
O Goberno espera que quizá o adiamento ao 24 de marzo da presentación do proxecto no goberno vai acougar a indignación. Equivócase!
PSA Mulhouse o 1 de Marzo
A única solución para facer retroceder o goberno e o medef que o apoio é que os asalariados, en folga protestando en masa na rúa!
Por iso a todos os traballadores do grupo, sexan CDI, cdd, provisionais, subcontratistas, empregados nas filiais, obreiros, empregados, técnicos ou cadros, a poñerse en folga o mércores 9 de Marzo, e a participar en todas as accións e manifestacións previstas en todo o país.
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario