A saúde non é un negocio: A CIG esixe a rescisión dos Servizos contratados coa Mutua Universal

(Escrito a dirección de PSA Vigo 15/03/16)

Con data 14 de Xuño de 2014, a C.I.G., ante a investigación aberta contra a Mutua Universal (Entidade coa que este Centro ten contratado Servizos), tendo en conta que este caso xa imputaba a PSA Peugeot Citroën e Automóbiles Citroën de beneficiarse do importe de 17´69 millóns de €, foi a única Central Sindical que non dubidou en solicitar a este Departamento:

.- Se proceda de forma inmediata a rescindir dos Servizos que a Dirección ten contratados para coa Mutua Universal.

.- Se nos faga saber si o noso Centro foi unha desas Empresas de PSA Peugeot Citroën e Automóbiles Citroën lucradas a cargo da Seguridade Social (con material informático, botiquíns, material de Prevención, pagos de estancias en hoteis e viaxes, chequeos médicos, mobiliarios, reparacións e obras, cursos de formación....Dotación de fisioterapia dedicada á rehabilitación do persoal Directivo e Recoñecemento médico do persoal VIP) sendo partícipes a titulo lucrativo deste importante e gravísimo fraude.

Unha vez máis, volven ser os medios quen fan coñecedores a toda a Sociedade que PSA Peugeot Citroën Centro de Vigo (o noso Centro) é dos que máis se lucrou do diñeiro das cotizacións dos traballadores/as 11´763 millóns de €.

Agora dádesvos de conta porque PSA tiña “razóns” para non querer admitir as esixencias da C.I.G. apesares de estar baixo sospeita por malversación de diñeiro público destinado á Saúde.

Pois ben, dende a C.I.G., esiximos unha Reunión urxente de toda a Representación Sindical coa Dirección co fin de darnos a coñecer o destino desa millonaria cifra de diñeiro público, así como a correspondente rescisión dos Servizos contratados coa Mutua Universal de forma inmediata.

Preme na imaxe para ampliar


Vigo, a 15 de Marzo de 2016



Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario