Pronunciamento da Sección Sindical da CIG >> ERE – Plan de Baixas- Flexibilidade (Marzo 2016)

Na Asemblea Xeral de Afiliados/as celebrada o pasado día 13 de Marzo, unha vez analizado e debatido o contido do Documento Borrador entre os/as asistentes, a Sección Sindical da C.I.G., quere deixar claro que, este Documento, contempla 3 escenarios totalmente diferenciados entre si.

Por un lado está a posibilidade de facultar unha saída para os veteranos da Fábrica. Polo outro está o período transitorio que se nos presenta para os vindeiros dous anos. E por último a Planificación Industrial de Futuro da Planta.

Tendo en conta o anterior, dende a Sección Sindical da C.I.G., queremos clarificar que, previa á nosa valoración final ao Documento no seu conxunto, cabe facer unha análise pormenorizada de cada un dos escenarios:

1º) En relación á saída dos veteranos, apesares de non ser a que todos e todas desexaríamos, a Afiliación da C.I.G. da o seu visto bo por maioría ao ERE “Clasico” (PLAN DE BAIXAS) tendo en conta que contempla unha alternativa para o colectivo de Veteranos recollida no Acordo Colectivo de Xubilación Parcial e Anticipada subscrito entre Dirección e Representación dos Traballadores/as o 26 de Marzo de 2013.

2º) Sobre o período transitorio 2016-2018 , na que se nos prantexan diferentes modalidades de ERE´s ( Extintivos, Suspensivos e Extintivo con dereito a reingreso) así como a implantación da Quenda Variable no Sistema II nas semanas de Maña en Montaxe M-2 para a Quenda “B”, a Afiliación da C.I.G. non da o seu visto bo por maioría ante a ambigüidade que contempla o documento “Normativa Reguladora do Funcionamento da Quenda Variable Diúrna” á hora de definir a distribución irregular da xornada dentro dun mesmo mes, como a falla de sensibilidade da Dirección á hora de compartir os sobre-custes que implica, por exemplo, non poder facer uso do transporte colectivo.

3º) En canto á Planificación Industrial de Futuro da Planta, na que se fai preciso adquirir compromisos que permitan facer fronte a posibles volumes significativos (Implantación dunha 4ª Equipa de Fin de Semana na Quenda de Noite; Fraccionamento das Vacacións no período estival;...). Compartindo a necesidade de afrontar compromisos por ámbalas partes de cara a ese escenario desexado por todos/as, a Afiliación da C.I.G. non da o seu visto bo por maioría tendo en conta a falla destes por parte da Dirección á hora de contextualizar as condicións laborais do conxunto dos traballadores/as nese Futuro Industrial. Materias fundamentais como... Reducir as altas Cargas e Ritmos de Traballo; Mellora das Composicións; Recuperación das perdas económicas que supuxo o K9; Creación dunha Bolsa de Emprego con Principios de Contratación; Poñer en valor a idade nas Liñas de Montaxe;...).


Unha vez expostas as nosas valoracións para con cada un dos escenarios recollidos en dito Documento, tendo en conta que a decisión implica “un todo” do mesmo, o pronunciamento da Afiliación da C.I.G. é, por maioría, dar o seu voto desfavorable.

preme na imaxe para ampliar


CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario