4ª REUNION >> ERE - PLAN DE BAIXAS - FLEXIBILIDADE

No día de hoxe, a Dirección, propón implantar dúas novas medidas de Flexibilidade:

Montaxe M-2 Quenda B.- Baixo o argumento de redución de custes a Dirección propón aplicar a Quenda Variable en Montaxe M-2 Quenda B cando tamén está de maña.
Con este novo proceder, a Dirección, define o seguinte calendario laboral:

Semanas de Maña.- De 06:00 a 08:00 (2 horas para ampliar horario no caso de necesidade) de 08:00 a 14:00 (xornada laboral mínima)

Semanas de Tarde.- De 14:00 a 20:00 (xornada laboral mínima) de 20:00 a 23:00 (3 horas para ampliar horario no caso de necesidade)

Este nova fórmula, unha vez mais, soamente se nos aplicaría ao conxunto dos traballadores/as de funda vinculados as Liñas de Produción en Montaxe M-2 na Quenda B.

Para a C.I.G. este retroceso na estabilidade laboral ten que ir acompañada de certos compromisos mínimos da Dirección:

1º) Estamos a falar de que as 2 primeiras horas da maña sexan utilizadas como medida de flexibilidade. Para a C.I.G., faise preciso que dito proceder implique unha estabilidade no horario de entrada na Queda de Maña ao longo do mes. De non ser así poderíamos de chegar a ser vítimas do ESTRES que supón nunha mesma semana poñer 5 horarios diferentes para levantarse. É dicir, un cheque en branco, para que día si e día tamén nos sancionen por “PINCHAR”.

2º) Con estes horarios, si ou si, implicaría non poder compartir o transporte colectivo (autobús) definitivamente. Para a C.I.G. esta nova penalización debera de ser compensada pola Dirección. E máximo se temos en conta os excelentes parking´s que temos os traballadores/as na actualidade.

Novo Calendario Mantenemento Embutición e Ferraxe.: A Dirección, baixo o argumento de coordinar as intervencións coas Liñas en funcionamento e coas Liñas Paradas, ven de expoñernos un novo Calendario con voluntarios para estes dous Servizos. Unha equipa sería Sábado; Domingo; Luns e Martes. Outra Equipa sería Xoves;Venres; Sábado e Domingo. As xornadas dos sábados e Domingos serían de 06:00 a 18:00 (tendo en conta o bocadillo e o xantar)

Para C.I.G., despois do asalto aos profesionais de Oficio, e sobre todo nestes dous Talleres, esta proposta debera de conter mais detalladamente as garantías de voluntariedade así como unha mellor clarificación nas condicións desta nova Quenda.

Para rematar, a Dirección fainos saber que, o vindeiro Mércores 09 as 9:00, celebrarase a seguinte Reunión na que dará a coñecer as súas reflexións definitivas para cos ERE´s, Plan Industrial de Centro ao Alza e sobre estes dous últimos prantexamentos.

Todo elo de cara a Documento Borrador definitivo ao cal nos propón o vindeiro Martes 15 como data límite para dar o posicionamento final.
Vigo, 07 de Marzo de 2016
Preme na imaxe para ampliar

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario