Seareiros celtistas do colectivo Nós sofreron esta fin de semana a requisa de material no Santiago Bernabeu. Falamos cun dos seus integrantes. “Xa se sobrepasa o absurdo”, afirma.
Unha imaxe do Colectivo Nós tirada da súa web |
Filipe explica que nos últimos anos foise a peor, sobre todo en certos estadios. A raíz do asasinato en Madrid do seareiro deportivista Jimmy, lembra, impulsouse unha nova normativa moito máis restrictiva en canto ao material co que se accede aos recintos. O que antes era un decomiso de bandeiras, agora esténdese a bufandas e mesmo á roupa. “En Levante case non me deixan entrar no estadio por levar unha sudadeira de Galiza. Tiven que empeñarme e insistir”.
Diferencias
Lembra este integrante da peña celtista que un dos argumentos ou xustificacións que se dá cando se requisa material é o da “incitación á violencia”, un concepto moi laxo e relativo. “O que poden entender por incitación á violencia os do servizo de seguridade nun estadio de Madrid non ten nada a ver co que poden entender nun de Bilbao, por exemplo”.
De feito, e como exemplo, mentres as 'estreleiras' non teñen problema en entrar e se amosar en estadios como Balaídos, Riazor, San Mamés, Anoeta, Nou Campo... noutros (Valladolid, Calderón, Bernabeu,etc...) o habitual é que sexa requisadas.
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal
0 comentarios:
Publicar un comentario