Os mariñeiros do cerco encérranse nos concellos da Coruña, Porto do Son e Bueu para presionar ao Ministerio

O sector mobilizarase polo menos ata coñecer o resultado da reunión do xoves en Madrid

Mariñeiros do cerco se encerran no concello de Bueu
Uns 170 mariñeiros do cerco con base na costa norte, desde Camariñas a Burela, concentráronse esta tarde na praza de María Pita antes de iniciar un peche no palacio municipal que pretenden continuar polo menos ata o xoves. Ese día o sector reunirase en Madrid con representantes do Ministerio de Agricultura para tratar de chegar a un acordo que permita unha repartición máis xusta das cotas pesqueiras. «Se non hai solución ou xoves, seguiremos», indicou Marcos Alfeirán, membro da directiva de Acerga.

«É verdade que hai un pequeno avance, pero non estamos contentos porque non é igualitario, non iguala a cousa. Simplemente os barcos que non tiñamos nada, agora teñen un mínimo que afecta a dez ou quince barcos, pero o problema é o mesmo de sempre, hai quen ten moito e quen non ten nada», apuntou. Os peches dos mariñeiros do cerco realízanse tamén nos Concellos de Bueu e Porto do Son, neste caso a partir das 20 horas. 

A Consellería do Mar, pola súa banda, trasladou ao cerco galego a proposta que elaborou para o sector e que parte dunha cota anual de 10.000 quilos para os barcos con menor capacidade de pesca, isto é os que se sitúan entre 0 e 5 GT -arqueo bruto-. «Trátase de repartir por tramos de GT as posibilidades de pesca e que todos os barcos teñan un teito mínimo», dixo aos medios de comunicación a conselleira do Mar, Rosa Quintana, á saída da reunión mantida esta mañá na sede da Consellería.

En principio, a proposta da Consellería do Mar é vista con bos ollos tanto por Cerqueiros Galegos como pola Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga), as dúas partes que defenden propostas diferentes. «Todos os barcos van ter cota», dixo a conselleira á saída da reunión.


Fonte: La Voz de galicia
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario