O comité de Unísono convoca concentracións e paros en Vigo para reclamar melloras laborais

A representación do persoal denuncia que a empresa continúa a reducir os salarios mentres aumenta a facturación


O comité de empresa de Unísono decidiu convocar paros e concentracións este luns día 11 en Vigo para reclamar melloras nas condicións de traballo e denunciar que as subas salariais pactadas en convenio con chegan para igualar o nivel de vida. As protestas desenvolveranse diante da sede da empresa na Gran Vía de 12.00 a 13.00 e de 19.00 a 20.00 horas.

Dende a representación do persoal lembran que a empresa está a experimentar un “crecemento económico brutal” dende mediados da década do 2000, época que coincide coa apertura dos centros na cidade. Na actualidade mantén unha cifras de facturación estables que oscilan entre os 110 e os 120 millóns de euros anuais.

Con todo, a dirección continúa a poñer atrancos en temas como as preferencias horarias, as gardas legais, as vacacións, os días de libranza ou a aplicación de medidas individuais. Ademais, o comité denuncia que tamén se está a producir un abuso flagrante na campaña de ING: persoal que realiza todas as funcións dun banqueiro/a menos cobrar acorde co seu traballo.

Diante disto, e despois de dialogar coa empresa para intentar pactar melloras nas condicións de traballo, optaron por convocar para este luns día 11 paros e concentracións de 12.00 a 13.00 e de 19.00 a 20.00 horas. As protestas desenvolveranse diante da sede da compañía na Gran Vía 104-110.
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario