A muller asasinada en Mos presentara denuncia por violencia machista
- M.R.B. e C.P.C foron asasinadas nos concellos de Mos e Narón, respectivamente, entre o mediodía e as 22.30h do 29 de decembro.O marido de M.R.B. foi prendido pola policía e a Delegación do Goberno confirmou que o denunciara en 2014. A investigación de Narón permanece aberta.
Segundo as axencias de noticias as pesquisas policiais mantéñense abertas e non se descarta ningunha posibilidade se ben, no crime de Mos foi detido o compañeiro dela após prestar declaración en calidade de investigado.
En ambos os dous casos foron os homes os que chamaron a Emerxencias para informaren de que atoparan o corpo das mulleres no interior da vivenda familiar.
Neste senso a Delegación do Goberno español na Galiza confirmou que M.R.B presentara unha denuncia en 2014 contra o seu compañeiro por violencia machista (física e psicolóxica).
M.R.B (Mos) foi asasinada dun golpe na parte traseira da cabeza. Trátase, á espera de confirmación policial, da sétima muller asasinada pola violencia machista de 2015, de acordo coas cifras oficiais.
C.P.C. foi acoitelada e degolada. Porén, as investigacións aínda non determinaron a motivación do crime.
0 comentarios:
Publicar un comentario