Seis mil vítimas de violencia machista en Vigo en catro anos

Na cidade de Vigo foron asasinadas 4 mulleres en 2 meses –máis da metade da cifra total na Galiza no que vai de ano.

 


Tanto o xulgado de violencia sobre a muller como a Rede veciñal contra os malos tratos denuncian a falta de vontade política fronte ao terrorismo machista.

“Recibín seis mil mulleres en catro anos”. Eis a cifra que dá a xuíza Paz Filgueira, responsábel do Xulgado de violencia sobre a muller de Vigo. Filgueira refírese ao partido xudicial vigués, isto é, para alén da cidade olívica, os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, unha delimitación administrativa que abrangue 338.996 persoas –segundo os dados do IGE correspondentes a 2014­­ das cales, 176.968 son mulleres.

Seis mil testemuños de violencia machista que pasaron por diante de Filgueira desde 2014 representan o 3,4% das mulleres do partido xudicial de Vigo. Os seus relatos, sinala a xuíza, son “arrepiantes”.



Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook