A CIG continúa coas mobilizacións para esixiren o desbloqueo das negociacións, CONVENIO DO METAL SOLUCIÓN!!!

Traballadoras do sector do metal da provincia de Pontevedra concentráronse esta tarde diante da sede de ASIME en Teis (Vigo) para esixiren o desbloqueo das negociacións e fin do inmobilismo por parte da patronal, secundando o chamado das centrais sindicais. 


Para a CIG é xa a terceira mobilización nestas últimas semanas, despois dunha marcha pola cidade e da multitudinaria manifestación que reuniu en Compostela operarias afectadas pola mesma situación nos diferentes convenios provinciais que atinxen á Galiza. Convenio do metal, solución!!

Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook