Vídeo: Traballadoras do metal protestaron na tarde de onte en Vigo contra o bloqueo das negociacións


 Traballadoras do metal protestaron na tarde de onte en Vigo contra o bloqueo das negociacións para un novo convenio provincial por parte da patronal do sector, ancorada en posicións maximalistas e profundamente lesivas para os intereses operarios. Desde a CIG-Industria apelan á mobilización para dobregar unha patronal "que se sente forte" e poder lograr un convenio digno. Neste sentido, e ante un conflito partillado nas provincias da Coruña, Ourense e Lugo, organizan para o vindeiro 21 de outubro unha manifestación conxunta, que partirá ás 11.00 horas da Alameda de Santiago de Compostela.
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook