O concello do Porriño impide que se debata e se vote sobre a tarifa eléctrica galega

O Goberno local do Porriño impide que se debata e se vote no pleno unha moción de apoio á ILP da CIG por unha tarifa eléctrica galega.

Pleno Municipal

Concello de Porriño (PSOE e Independentes) impediu onte que se debatise no pleno municipal unha moción na que se reclamaba o apoio da corporación á ILP da CIG de medidas para garantir a enerxía como un servizo público e contra a pobreza enerxética que inclúe a demanda dunha tarifa eléctrica galega.
A alcaldesa "socialista" non incluíu a moción na orde do día da sesión plenaria, permitindo unicamente a exposición do seu contido por parte do secretario da Unión Local da CIG-Porriño, Tano Guerra. A moción foi entón asumida como propia polo BNG, que solicitou a súa introdución na orde do día pola vía de urxencia, demanda que foi rexeitada cos votos dos dous grupos que sustentan o Goberno local. Deste xeito, a moción quedou fóra do debate e da votación posterior.

A CIG rexistra máis de 18.000 sinaturas en apoio á ILP por unha tarifa eléctrica galega e contra a pobreza enerxética


A CIG vén de presentar no rexistro do Parlamento as máis de 18.000 sinaturas recollidas (das que foron validadas 17.835) desde o mes de xullo, en apoio da ILP de medidas para garantir a enerxía como servizo público e contra a pobreza enerxética. Unha Iniciativa que, segundo explicou o secretario xeral, Suso Seixo, xa recibiu o apoio dos plenos de máis de 50 concellos, entre eles os de 6 das 7 grandes cidades –á espera de que se debata no de Ourense- e das deputacións de Lugo e Pontevedra.
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook