Concentracións nas cidades Galegas en repulsa á violencia machista


A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para os próximos días en repulsa ao asasinato machista dunha muller en Vigo, a segunda galega asasinada en tan só unha semana, a sexta asasinada a mans da súa parella ou exparella, e a novena vítima do machismo en Galiza, dado que nin a parella da muller asasinada en Arbo nin o dobre crime das meniñas de Moraña contabilizan nas estatísticas oficiais.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

CONCENTRACIÓNS:
 venres 30 de outubro:
-Lugo, na Praza do Concello, ás 20 horas.

 Sábado 31 de outubro, ás 20 horas:
-A Coruña, Obelisco.
-Compostela, Praza 8 de marzo /Porta do Camiño.
-Ferrol, Praza do Concello.
-Ourense, Castañeira (Subdelegación do Goberno).

-Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro.

Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook