A CIG de Vigo rexistrou no Concello unha solicitude para intervir no pleno co obxectivo de demandar o apoio da corporación á ILP para reclamar unha tarifa elécrica galega

Os secretarios comarcal e de Organización da CIG-Vigo, Alberto Gonçalves e Anxo Igrexas, presentaron hoxe no Rexistro Xeral do Concello unha solicitude para intervir no vindeiro pleno coa finalidade de demandar o apoio dos grupos municipais á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que promove a central para reclamar unha tarifa eléctrica galega.

Os representante sindicais incidiron na importancia dunha proposta que contén unha serie de medidas encamiñadas a garantir a enerxía como servizo público e a rematar co pobreza enerxética.

>>MÁIS INFO SOBRE A INICIATIVA : http://www.galizacig.gal/avantar/node/54842
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook