Falece un traballador nun barco en reparación en Navantia Fene

O empregado caeu nun tanque do navío.

Navantia Fene
Navantia Fene está de loito despois de que un traballador dunha compañía auxiliar falecese esta mañá na división de Reparacións do estaleiro. Fuentes do sector explicaron que o operario se caeu nun tanque dun barco, o Florida Voyager, que se atopaba no dique número catro da factoría de Perlío. As primeiras investigacións apuntan a que baixaba unha escaleira cando se precipitou a outro nivel, dentro do tanque do buque, que se atopa no dique número 4 da planta. Trátase dun barco da naviera Chevron.

O persoal da factoría celebrará ás dez e cuarto unha asemblea na porta do estaleiro para abordar o sucedido e ás once desenvolveuse outra na antiga Bazán. Unha vez coñecido o fatal accidente, os traballadores decidiron paralizar a actividade e decretar mañá día de loito, polo que tampouco se desenvolverá actividade algunha.

O falecido, pertencente ao persoal da empresa Nervión, é un mando intermedio da compañía. Trátase de Gerardo Huergo, de 50 anos e natural de Xixón, Asturias, aínda que levaba varios anos residindo en Ferrol por motivos laborais. Fuentes sindicais aseguraron que tamén se atopaba o seu fillo traballando na reparación do mesmo barco.

Fonte: La Voz
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario