Documento Borrador >> ERE - PLAN DE BAIXAS - FLEXIBILIDADE

No día de hoxe, a Dirección, deunos a coñecer a súa proposta a todas estas medidas que estarán recollidas nun documento definitivo.

Plan de Baixas para os veteranos ; Expedientes de Regulación de Emprego e Medidas de Flexibilidade ; Plan Industrial de Futuro

Reflexión da C.I.G.

Plan de Baixas.- Conscientes da débeda para cos nosos veteranos á hora de acceder a súa máis que merecida Xubilación, e recoñecendo que o ERE non é a medida máis beneficiosa, non por elo vamos poñer en dúbida o valor deses preto de 40 anos de traballo nas súas camisetas á hora de facilitarlle unha solución. De aí a nosa insistencia en permitir que este colectivo se puidera acoller VOLUNTARIAMENTE ás 52 solicitudes que inda quedan sen cubrir no ERE que temos aberto e finaliza neste mes de Marzo.

Expedientes de Regulación de Emprego e Medidas de Flexibilidade.- Na C.I.G., queremos facer dúas matizacións:

1º) No relativo aos diferentes ERE Extintivos que, todo traballador/a que estea interesado/a en calquera das súas modalidades, previo a súa decisión dispoña de toda a información e documentación no relativo a súa nova situación e no tema de retencións fiscais.

2º) Tendo en conta a travesía que levamos padecido, especialmente, os/as traballadores e traballadoras que desempeñan a súa labor nas Liñas de Produción no Sistema II da Quenda B, esperamos que, desta vez, a Dirección, recolla nese Documento compromisos que equilibren á penalización e sacrificio que elo vai supoñer aos traballadores/as. Tal e como así a C.I.G. prantexou nesta Mesa. Lembrar que, este colectivo, xunto coa súa familia, irían aos 10 anos padecendo esta situación

Plan Industrial de Futuro.- Para a C.I.G., este proxecto de futuro, non podía obviar as condicións laborais de quen lle damos forma, cor e vida ao produto. OS TRABALLADORES E TRABALLADORAS.

De aí os nosos prantexamentos de cara a adquirir eses compromisos da Dirección en materias tan fundamentais como... Cargas e Ritmos de traballo, as Composicións, o reparto equilibrado do traballo, a creación dunha bolsa de emprego con preferencias aos traballadores/as eventuais, Relevos e a esas familias sen recursos, romper as barreiras de Talleres a hora de facultar a posibilidade de adaptar un traballador/a en base as súas limitacións, poñer en valor a idade nos postos das Liñas de Montaxe, e como non, establecer a recuperación desas perdas económicas que levamos padecido polo famoso K9.

Agora todos e todas temos a responsabilidade de valorar no seu conxunto todas e cada unha destas medidas. Por elo, dende a C.I.G., convidámosvos a participar nesta decisión con coñecemento de causa. É dicir, coñecendo por vos mesmos a letra pequena deste Documento en todas e cada unha das medidas que se recollen.

Por elo, a C.I.G., convoca á afiliación a participar na ASEMBLEA XERAL DE AFILIADOS/AS que se vai celebrar o vindeiro SÁBADO 12 de Marzo ás 11:00 en primeira Convocatoria e 11:30 en Segunda nos Locais da Central Sindical (Gregorio Espiño, 47) para valorar e decidir o posicionamento desta Sección Sindical para con este Documento.

Vigo, 09 de Marzo de 2016
preme na imaxe para ampliar
Documentos acordo global PDF

CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA


Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario