Os traballadores/as de PSA en Francia recibirán unha prima de 2.000 euros

O grupo PSA logra un beneficio de 1.200 millóns durante o 2015.

Carlos tavares
O ano pasado xerou 1.202 millóns de euros en beneficios fronte ás perdas de máis de 555 millóns de 2014. A multinacional francesa achaca boa parte da melloría dos resultados económicos ao plan de redución de custos que levou a cabo nas fábricas -entre elas Vigo-, así como o tipo beneficioso do cambio de divisa.

 O presidente de PSA, Carlos Tavares, mostrou a súa satisfacción por que o plan estratéxico 'Back in the Race' (volta á carreira) dese os seus froitos "nun tempo récord", á vez que asegurou que a empresa será capaz de lograr un crecemento rendible co seu novo plan, 'Push to Pass' (acelerar para adiantar) que será presentado en abril. 

Como consecuencia destes beneficios, os traballadores do grupo cobrarán unha prima que o propio Tavares cifrou nuns 2.000 euros no caso de Francia -deles, uns 1.700 corresponden ao dispositivo de remuneración que está articulado por lei neste país-. No caso de Vigo, a empresa comunicou onte ao comité que tamén serán recompensados pero que a contía está por calcular e lembrou que no convenio colectivo asinado recentemente aprobouse un dispositivo de prima variable ligada á consecución dos obxectivos que se pagaría por primeira vez en 2017.

Os sindicatos do centro de Balaídos demandan que se teña en conta o esforzo do persoal e a contribución que esta factoría supón en PSA xa que é a máis produtiva.

A división de automoción do consorcio rexistrou o ano pasado unha facturación de 37.514 millóns, un 4 por cento máis; mentres que o fabricante Faurecia logrou un beneficio de 500 millóns, un 119% máis, e facturou 18.770 millóns, o que supón un aumento dun 11,2 por cento. Para 2016, o grupo prevé que as vendas crezan en Europa e China un 2 e un 5 por cento e estima unha caída en Latinoamérica e Rusia dun 10 e un 15 por cento, respectivamente.

Fonte: http://www.atlantico.net/
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario