O presidente do goberno español nomea 'Sangenjo', 'La Toja' e 'La Coruña' durante a súa presenza no programa de Bertín Osborne 'En la tuya o en la mía'. Tamén aclarou que un galego "normalmente, é un tipo de fiar".
![]() |
| Rajoy con Bertin Osborne en prime time |
Durante o programa Bertín Osborne tivo tempo de falar dos tópicos sobre os galegos, e preguntado Rajoy por como definiría os seus paisanos, este respondeu que o galego “normalmente, é un tipo de fiar”. Houbo tempo para parolar de Aznar, Esperanza Aguirre ou da familia e da súa afección polo deporte. Tamén de Paco Vázquez, do que dixo que se non se chega a ir “nunca gañariamos (polo PP) a alcaldía da Coruña”.
Foi unha entrevista de 'luva branca', como sinalan comentarias e analistas, feita a maior gloria do presidente do goberno español.
Sermos: http://www.sermosgaliza.gal/articulo/lingua/rajoy-deturpa-toponimos-galegos-prime-time-tve/20151203092843042931.html

Comenta google+
Comenta Facebook