PSA Vigo denuncia o convenio colectivo para adiantar a este ano a negociación do novo

Psa pretende adiantar a sinatura da parte do convenio que queda, xa que as medidas do recorte salarial asinadas polo SIT FSI teran vixencia ata o 2020

Cig Citroen
Traballadoras/es da empresa protestan polo Recorte Salarial
O centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën procedeu á denuncia do convenio colectivo da empresa, en vigor ata o próximo 31 de decembro, para adiantar o posible o inicio da negociación do novo texto, segundo indicaron a FARO fontes sindicais. Na súa comunicación, a planta deixa claro que os puntos a negociar no novo convenio serán aqueles que non estean suxeitos a unha vixencia concreta, en clara referencia ao acordo de competitividade subscrito o pasado outono pola maioría sindical do SIT FSI para lograr a adxudicación do proxecto K9, a próxima xeración de furgonetas das marcas Citroën, Peugeot e Opel, que se materializou como unha modificación puntual do convenio. Quedarían, pois, excluídos da negociación aspectos tan importantes no contido de calquera convenio como a revisión salarial e as categorías profesionais, entre outros. O acordo de medidas de competitividade de PSA-Vigo terá vixencia durante o período 2015-2019.



fonte: http://www.farodevigo.es/economia/2015/10/17/fabrica-denuncia-convenio-colectivo-adelantar/1333075.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook