PSA Vigo convocará esta semana aos sindicatos para tratar o convenio

A empresa quere facer coincidir esta negociación coa que hai en Madrid

PSA Peugeot Citroën en Vigo comunicou ao comité de empresa que convocará esta semana aos representantes sindicais para sentar as bases e establecer os mecanismos para iniciar a negociación do convenio colectivo, denunciado o pasado venres por parte da empresa. Fontes sindicais apuntan que a empresa busca facer coincidir a negociación de Vigo coa de Madrid.

O portavoz de CC.OO., Santiago García, explicou a Europa Press que cren na negociación, pero inciden en que os traballadores "fixeron xa demasiados esforzos", polo que esperan este convenio "sexa o da mellora". Rubén Pérez, responsable de UXT, indicou que non van pór "molestias" a "todo o que sexa negociar un convenio ás portas de que expire".


Pola súa banda, o portavoz da CIG, Manuel Domínguez, subliñou que é "sorprendente" e "histórico" que sexa a empresa a que denuncie o convenio, aínda que están "abertos a negociar" para alcanzar "unhas condicións laborais o mellores posible". Mentres, Víctor Mariño, da CUT, apuntou como móbil da denuncia ao "medo" por un posible "cambio" de goberno tras as eleccións.

Doutra banda, a dirección tamén sinalou que prevé un incremento produtivo o próximo mes, polo que estableceu como laborables os sábados 14 e 21 de novembro no sistema dous, de monovolumes.

Fonte: http://www.farodevigo.es/economia/2015/10/20/psa-vigo-convocara-semana-sindicatos/1334677.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook