O C4 Picasso percorre 580 quilómetros en modo autónomo

De París a Bordeus, o grupo francés proba con éxito o seu sistema autónomo de vehículos intelixentes

Un prototipo de vehículo do consorcio automobilístico francés PSA Peugeot Citroën percorreu a distancia entre París e Bordeus (580 quilómetros) mediante condución autónoma, segundo informou a empresa nun comunicado. O grupo que preside Carlos Tavares realizou toda a distancia do percorrido en modo autónomo, sen que interviñese ningún condutor, mesmo nas manobras de adiantamento ou de cambio de carril.

O Grupo é o primeiro construtor europeo que obtivo, en xullo de 2015, as autorizacións necesarias para rodar catro prototipos autónomos na estrada aberta e unha quincena máis de prototipos en 2016. As funcións autónomas permiten diminuír o número de accidentes motivados por erros humanos e reducen a fatiga do condutor en condicións de condución monótonas. Os proxectos máis avanzados concretaranse de inmediato coa chegada progresiva de funcións de delegación de condución nos modelos de serie.
Ante este fito, Tavares afirmou que o percorrido realizado polo devandito prototipo «demostra» que os vehículos autónomos e intelixentes «non serán por moito tempo unha cousa de ciencia ficción». «Isto marca o comezo dunha nova era para a mobilidade, á que atopo realmente emocionante», engadiu.



A empresa está a traballar, así mesmo, no desenvolvemento doutras moitas solucións e tecnoloxías para lograr que o vehículo do futuro sexa máis intelixente, adaptándose ás condutas e expectativas dos clientes.


Fontes: financias.com , e-volucion
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook