Profesionais e pacientes denuncian deficiencias do Cunqueiro

Un grupo de profesionais e usuarios do Chuvicompareceron hoxe ante os medios de comunicación para relatar as deficiencias que, en primeira persoa, detectaron no novo hospital de Vigo.
 Un radiólogo, unha matrona, unha enfermeira de coidados intermedios de Cardioloxía , outra da UCI, un técnico de Anatomía Patolóxica, un técnico do laboratorio, un celador, unha enfermeira do hospital de díaoncolóxico e unha paciente desta unidade describiron durante máis de dúas horas a súa experiencia no Álvaro Cunqueiro, cos ollos enxugados en bágoas nalgún momento. A groso modo, denuncian escaseza de equipamento, fallos no deseño de dependencias, falta de persoal e descoordinación.

Entre outras cuestións detallaron que a UCI obstétrica carece de baños, que se ingresaron pacientes cardiológicos sen que houbese medicación básica para tratalos, que aínda non é posible monitorizar correctamente a enfermos polo malo sinal das telemetrías, que as instalacións non permiten almacenar correctamente produtos inflamables ou que non teñen espazos separados para dar intimidade a pacientes oncolóxicos mentres se lles realizan técnicas que implican espilos.
Consideran que é consecuencia da prema no traslado e de non ter en conta a opinión dos profesionais.


Fonte : http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/09/16/profesionales-pacientes-denuncian-primera-persona/1314826.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook