O bluf dos robots

Segundo varios estudos, o 47 % dos empregos están ameazados pola automatización nos Estados Unidos, o 42 % en Francia, o 59 % en Alemaña. Iso non é para agora mesmo pero se para enseguida. Vello refrán: xa en 1978 o informe Nora-Minc sobre a informatización da sociedade anunciaba ganancias enormes de produtividade…, que nunca se alcanzaron. Polo momento, mantense o paradoxo de Solow: “en todas as partes ven ordenadores, salvo nas estatísticas de produtividade”.

Novos Robots de servicio loxistico

Non tan seguro, xa que a OCDE acaba de arrefriar as esperanzas dos “tecno-optimistas” avaliando a só o 9 % a proporción dos empregos que “presentan un risco elevado de automatización” (o 12 % en España, a porcentaxe máis alta da UE, tras Austria e Alemaña; ndt). Por outra banda, non basta con facer innovacións para relanzar ao capitalismo: é necesario que sexan rendibles e que teñan demanda xa que non son os robots quen vai a comprar os produtos que producen. E, pequeno detalle, é necesario tamén que a sociedade “aguante”, o que non é posible por encima dunha excesiva taxa de desemprego.

A idea moi estendida segundo a cal as ganancias de produtividade moi elevadas serían a causa do desemprego e anunciaría o fin do traballo está completamente desmentida na actualidade. As ganancias de produtividade eran ao contrario moi elevadas durante o período dos “Trinta Gloriosos”, que se caracterizou por un case pleno emprego. E o auxe do desemprego foi concomitante co esgotamento das ganancias de produtividade.

Pero admitamos que sexa crible a ameaza de destrucións masivas de emprego. Os seus profetas avanzan diversas formas de traballo precario e/ou de ingresos desconectados do emprego como única alternativa posible. Asístese na práctica á constitución dun discurso compartido polos economistas duros e os gurús dos mañás tecnolóxicos. Un discurso perigoso, que fai pasar a segundo plano a única resposta racional posible: a redución do tempo de traballo.

Imaxinemos unha sociedade que, grazas a unha invención máxica, só necesitaría a metade do tempo de traballo para ter o mesmo nivel de vida. Ela podería decidir que a metade dos produtores continuase traballando como antes e que a outra metade vísese “dispensada” do traballo e beneficiásese dun ingreso derivado. Pero ela podería tamén beneficiarse dese maná tecnolóxico para dividir por dous o tempo de traballo de cada un(a).

Deixemos ao carón a fábula e miremos o que sucedeu: a produtividade horaria do traballo multiplicouse por 13,6 no curso do século XX e a duración do traballo reduciuse o 44 %. En resumo, traballamos a medio tempo en relación cos nosos bisavós e se ese non fose o caso o desemprego alcanzaría cifras insuperables.

Iso non se fixo “naturalmente”: son as loitas sociais as que aseguraron esta redistribución das ganancias de produtividade baixo a forma de redución do tempo de traballo. E mesmo a OCDE evoca esta posibilidade para vir: “mesmo se a necesidade de man de obra é menor nun país en particular, iso pode traducirse nunha redución do número de horas traballadas e non necesariamente por unha caída do número de empregos, como o constataron numerosos países europeos no curso dos últimos decenios”.

05/06/2016

Artigo publicado en PROGRÈS social

Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario