Xornada de greve e intensas manifestacións en Francia pola reforma laboral

Novos protestos contra a lei do traballo tiveron lugar este xoves diante da Asamblea Nacional e en varias ducias de manifestacións nas cidades galas.

A Clase obreira francesa defendendo seus dereitos

Os sindicatos e os estudantes franceses protestan este xoves contra a reforma laboral do Goberno. Segundo a modificación que promoveu o Executivo que preside Hollande, as compañías galas poderán prolongar a xornada laboral ata as 46 horas semanais.

Máis de 50.000 persoas saíron este xoves ás rúas parisienses para tomar parte no movemento de protesta.

A Policía respondeu con gas lacrimóxeno a un grupo de manifestantes.
As manifestacións prodúcense na véspera dunha sesión da Asemblea Nacional francesa na que o presidente Hollande e o seu Goberno serán sometidos a unha moción de censura.

A iniciativa foi exposta pola oposición parlamentaria de centro dereita despois de que o Goberno decidise promover a reforma sen a aprobación da Cámara Baixa.

Video:


Video:


Video:


Video:


Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario