Antifraude rexistra as oficinas de PSA Peugeot-Citröen en Francia polo escándalo Volkswagen

O Grupo PSA confirma a operación, relacionada coas investigacións polo escándalo das emisións contaminantes

Novo logo do grupo
A sede do xigante automobilístico francés PSA, fabricante das marcas de coches Peugeot e Citroën, foi rexistrada onte por funcionarios antifraude dentro da investigación en marcha sobre a fraude das emisións no sector do automóbil, segundo anunciou a propia compañía nun comunicado.

“Como parte das investigacións en marcha sobre contaminantes no sector do automóbil, o Grupo PSA foi onte obxectivo dunha operación de entrada e rexistro da Dirección Xeral de Política de Competencia, Consumo e Control da Fraude”, di o comunicado.

A axencia Afp asegura que contactou cos servizos antifraude, que non deron detalles nin sobre a operación nin sobre os motivos da mesma. PSA asegura que cumpre coas normas sobre emisións contaminantes e que está a cooperar “plenamente coas autoridades”.

O grupo engade que desde novembro de 2015 apostou pola transparencia para os seus clientes "a través da publicación dos resultados de consumo de uso real xurdidos dun protocolo de proba definitivo xunto coas ONG Transport & Environment (T&E) e France Nature Environnement (FNE)".

Esta operación chega tres meses despois da investigación sorpresa á empresa Renault, o segundo maior fabricante de coches de Francia, dentro dunha campaña do Goberno galo iniciada a raíz do escándalo das emisións do grupo Volkswagen.

Precisamente hoxe, o grupo alemán ha presentado ante un xuíz de EEUU unha oferta de acordo pola que indemnizará aos afectados -donos de modelos Jettas, Passats e Touareg- por un montante que podería alcanzar incluso o valor de compra do vehículo.

Volkswagen chegou a un principio de acordo coas autoridades de Estados Unidos para conceder "compensacións substanciais" aos seus clientes polo escándalo das emisións dos automóbiles diésel trucados, o que afecta a unhas 600.000 unidades vendidas, e así evitar un xuízo. A compañía ofrecería a recompra duns 482.000 vehículos co motor 2.0 trucado, segundo o xuíz encargado do caso, Charles Breyer. Nunha vista celebrada en San Francisco, Breyer informou

22 Abril 2016

Fonte: http://economia.elpais.com
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario