O Tribunal Supremo acaba de confirmar a pena imposta no seu día pola Audiencia Nacional ao narcotraficante Marcial Dorado por branquear capitais provenientes do tráfego de estupefacientes. Son 6 anos de prisión.
Marcial Dorado co presidente da Xunta |
Feijóo sempre negou que coñecese as actividades ilegais de Dorado. Porén, esta amizade -non a única perigosa do presidente, íntimo tamén de Pachi Lucas, o conseguidor da Operación Zeta.- acabou por se tornar nun atranco para as súas opcións de facer carreira política no Estado.
O Supremo vén agora confirmar a sentenza da Audiencia Nacional a Marcial Dorado en relación ao branqueamento de diñeiro procedente do narcotráfico. Aliás, anula a súa absolución polo delito de revelación de segredos.
A condena carrexa tamén o pagamento dunha multa por valor de 21,5 millóns de euros.
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/
Fonte: http://www.sermosgaliza.gal/
0 comentarios:
Publicar un comentario