A CIG non asinará o convenio do metal da provincia de Pontevedra porque suporía avalar a reforma laboral do PP

A ratificación do acordo entre a patronal, CCOO e UGT terá lugar este mércores en Vigo


Dende a federación de Industria da CIG explican que o seu rexeitamento ao convenio 
-cuxo contido foi analizado en asemblea por afiliados/as e traballadores/as do sector, que decidiron de xeito maioritario rexeitar o acordo
- baséase nos seguintes motivos:
1º. Non se recolle ningunha mellora para os traballadores/as das que se propuñan nas diferentes plataformas que presentaron as tres centrais sindicais.
2º. Non se recupera o poder adquisitivo perdido nestes cinco anos nos que os salarios subiron só un 3.75%, cando todo o mundo sabe que para recuperar a economía da comarca os traballadores/as teñen que consumir, posto que deles/as depende o 90% do consumo e se non teñen uns salarios en condicións nunca se vai recuperar a economía da bisbarra.
3º. O único que se recolle no convenio é a reforma laboral, reforma contra a que os tres sindicatos fixeron unha folga. Como pode algún sindicato despois de facer perder aos traballadores/as un día de salario pola folga asinar agora a reforma laboral no convenio (distribución irregular da xornada, contratos de formación, etc.) empeorando claramente as condicións de traballo?
4º. Desaparece do texto do convenio a disposición transitoria segunda, pola que os traballadores/as do sector naval cobraban o plus tóxico.
5º. Produtividade. No convenio está marcado o ritmo de traballo e hai unha comisión técnica para resolver as dúbidas que se teñan nas empresas coa aplicación da produtividade. Agora elimínase a comisión e asínase un compromiso para que as empresas podan adaptar as necesidades de produción como queiran (xornada irregular, distintos ritmos de traballo, etc.).
6º. Engaden un texto sobre competencia desleal, pero non asinan un compromiso para que este convenio sexa de mínimos e que non se poidan asinar convenios por baixo do provincial, como se está a facer na actualidade por parte dalgún dos asinantes do convenio (empresas con convenio propio cun salario de 800 euros). Isto si que é competencia desleal.x
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook