A CIG de Vigo pon en marcha unha recollida especial do Plan de Axuda Alimentaria Solidario polo Nadal

Até o 21 de decembro pódense entregar alimentos típicos destas festas no local sindical



A Unión Comarcal da CIG de Vigo vén de poñer en marcha unha recollida especial de alimentos típicos do Nadal dentro do Plan de Axuda Alimentaria Solidario. Até o 21 de decembro poderanse depositar os alimentos no local do sindicato co obxectivo de levar a cabo unha entrega antes das festas, a maiores da que se realiza cada mes.

A recollida especial de Nadal do Plan de Axuda Alimentar Solidario da CIG de Vigo manterase até o 21 de decembro. As achegas, ao igual que durante o resto do ano, depositarase nas caixas colocadas na recepción do local do sindicato (rúa Gregorio Espino, 47).

A intención é realizar unha entrega antes das festas, a maiores da que se fai cada mes, polo que é conveniente que as achegas inclúan algúns produtos típicos do Nadal (turrón, mazapán, polvoróns, panetonne, etc.).
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook