Xa podes Cazar un lobo desde internet por 2800 euros

“Véndese rececho de rebezo selectivo na reserva da biosfera dos Ancares Lugo. Tamén se pode cazar xabarín e lobo. Prezo 1000+taxas (negociábel). Urxe!”. Anuncios coma este poden atoparse na rede como ofertas de trofeo de lobo, cuxa venda está prohibida e pode ser causa de delito penal.


Adega vén de poñer en coñecemento da Fiscalía ambiental e da Dirección Xeral de Conservación as ofertas de montarías de lobo, xabaríns ou rebezos en distintas páxinas de anuncios da internet, con “naturalidade e absoluta impunidade”. Nalgúns casos trátase de particulares que achegan un teléfono móbil e noutros casos os anuncios están publicados por empresas relacionadas co turismo cinexético, como é o caso de Cazaribeirasacra.es que oferta na súa web a caza dun lobo por 2.800 euros.
                                                  Captura de pantalla
Cig Citroen

Adega advirte de que a venda de trofeos de lobos está prohibida en Galiza e pode ser causa de delito penal. E é que o lobo fica sometido ao Decreto 297/2008, de 30 de setembro, polo que se aproba o Plano de xestión do lobo en Galiza. Este plano non permite que o lobo poida ser motivo de aproveitamento comercial nin permite a súa venda como trofeo. “Desde Adega consideramos que este tipo de prácticas, de se consumar, estarían incorrendo nun delito tipificado no artigo 335 do Código Penal, do que o lobo está sometido a unha norma específica sobre a súa caza, que é o Plano de conservación”, sinala a asociación.

Segundo a normativa citada, a caza do lobo en Galiza, no caso de demostrarse necesario, será xustificada mediante informe técnico. O Plano autoriza que a caza só se poderá acometer coa colaboración das asociacións de caza. Ademais, é obrigatoria a supervisión por parte dos axentes ambientais da Xunta de Galiza.

Caza de lobos “á carta”

Na páxina web de Cazaribeirasacra.es, que oferta a caza do lobo por 2.800 euros, convídase as persoas que o desexen a vivir “a experiencia única da inigualábel montaría española”, nun marco de “paraxes impoñentes e fermosos mosteiros”.

“Proporcionámoslle ao cazador un servizo integral desde a súa chegada até que finaliza a súa estanza na nosa hospitalaria terra galega”, recolle a web, que tamén oferta “unha coidada gastronomía”.

Fonte : http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/quere-cazar-lobo-pois-pague-2-800-euros/20151010132802041464.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook