Incendio no soto do centro de PSA en Vélizy

Preto de 800 empregados foron evacuados  antes do mediodía do martes tras un pequeno incendio que comeza nun edificio do Centro de Deseño do fabricante PSA Peugeot Citroën, en Vélizy unidade Gisy Villacoublay. 


O fallo dos conducos de calefacción é a causa dun incendio a partir do segundo subsolo do aparcadoiro da empresa. 

Tras a evacuación do persoal e controlado o lume, os bombeiros segeron a sacar o fume do centro pola tarde. 

Parte dos traballadores foron capaces de voltar as súas oficinas, outros tiveron que seren distribuídos no espazo dispoñible. 

O Centro de Deseño PSA en Vélizy é o principal centro de investigación e desenvolvemento do Grupo PSA Peugeot Citroën, con sede en Vélizy-Villacoublay, preto de París. Emprega 5.400 funcionarios.

É coa fábrica de automóbiles de Poissy e o centro técnico de Carrières-sous-Poissy, e  unha das duas plantas de PSA no departamento de Yvelines.


fonte: http://www.infonormandie.com/Yvelines-Incendie-dans-les-sous-sols-de-PSA-a-Velizy-800-salaries-evacues_a10192.html
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook