As mobilizacións polos despidos en Eroski trasládanse até o economato de Citroën en Vigo


O calendario de protestas que desenvolve a CIG-Servizos contra a vaga de despedimentos no grupo Eroski de Vigo trasladouse o venres até as portas do economato laboral de Citroën, situado no barrio de Coia e xestionado pola compañía vasca de alimentación. 


Un grupo de delegados/as sindicais desenvolveu unha concentración o venres de 11.00 a 13.00 horas, tempo no que despregaron unha faixa na que se podía ler “Eroski represión. Non máis despidos” e berraron consignas contra a política da empresa de desfacerse do persoal con máis antigüidade para substituílo por novos/as traballadores/as.



Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario