Centos de traballadores/as concentráronse ás portas das principais empresas en distintos puntos do país
Persoal concentrado as portas de Unisono |
A CIG-Banca decidiu promover a convocatoria de paros no sector dos centros de chamadas de 00.00 a 1.00 horas na quenda de noite, de 12.30 a 13.30 na de mañá e de 19.00 a 20.00 na de tarde para denunciar que a negociación do convenio estatal se atopa totalmente paralizada e que a patronal mantén posicións maximalistas (quere reducir categorías laborais, eliminar horarios, etc.).
As portas de Bosch |
Por outra banda, dende a CIG-Banca criticaron a actitude da Unitono, compañía con sede en Ourense, que ameazou os seus empregados/as con sancións se secundaban os paros ao entender que se trataba dunha folga ilegal. “A empresa dixo que a convocatoria non tiña validez porque non fora comunicada no SIMA en Madrid, cando ao ser de ámbito galego a comunicación ten que facerse á Xunta e ás patronais do sector, como así se fixo”, indican.
0 comentarios:
Publicar un comentario