Mercedes quere precarizar as condicións laborais en Gasteiz, namentres partilla unha paga de 5.650 € entre os traballadores Alemáns

O Grupo Daimler Partilla unha paga de 5.650 € a cada traballador/a Xermano, mentras na planta de Gasteiz a proposta para o convenio colectivo precariza as condicións dos traballadores/as Vascos.

Mercedes Gasteiz
Gasteiz. O grupo alemán cre necesario establecer os sábados como día laborable normal e combinar diferentes quendas e horarios, desde 5 ata 9 horas diarias en función da demanda.

Pero ademais desde Mercedes piden establecer quendas de 10 horas diarias de luns a sábado a dúas quendas, garantindo 4 días de presenza semanal. Todo iso cun aumento en tres días das xornadas laborais anuais (ata 217). O pasado ano desde os sindicatos xa se denunciou que en certos postos alcanzábanse ata as 12 horas de traballo.

Ademais propoñen establecer modelos de traballo que arrinquen a noite do domingo e conclúan a tarde do venres, e fixan o período de vacacións entre maio e outubro, con posibilidade de ter unha semana durante todo o ano.

Menos pluses

En canto aos salarios a empresa propón eliminar os pluses dos sábados e dos días activables, así como reducir un 20% o resto de pluses. Tamén propón acabar co ?concepto antigüidade? e ligar os incrementos salariais á produtividade da empresa, adaptando o pago variable á evolución e o salario da compañía.

Ademais avoga por establecer novos salarios de entrada e ampliar de 5 a 7 anos o tramo formativo, elevando os salarios en función do desenvolvemento profesional dos traballadores.

Por último propón adaptar as dietas ao modelo alemán e modificar a regulación das pausas, así como os permisos e licenzas.

Paga en Alemaña

En agradecemento ao esforzo dos traballadores do grupo, Daimler aprobou unha paga extraordinaria de 5.650 euros adicionais a 125.000 traballadores en Alemaña.

O grupo daimler alcanzou os 2,9 millóns de coches fabricados en 2015, unha cifra bastante importante para o grupo Daimler que viu como as súas filiais crecen e arroxan interesantes números xa lonxe da crise na que se sumiu a industria do automóbil. Soamente Mercedes-Benz conseguiu alcanzar os 1.871.511 coches en 2015, unha cifra de récord para o fabricante alemán que pretende facerse co número uno este ano 2016.

O importe de 5.650 euros será o complemento máis alto xamais entregado por Daimler aos seus traballadores, e é que esta paga extraordinaría vén realizando desde o ano 1997, aínda que non se aplicou a outros países ata o momento. 
Partilla no Google Plus

- kirol

Sindicato de traballadoras/es Galegas na planta de PSA Peugeot - Citroën en Vigo. Recuperando o sentir obreiro.
    Comenta google+
    Comenta Facebook

0 comentarios:

Publicar un comentario